Unha
veintena de policías
e catro grilleiras recibíronnos hoxe na Subdelegación
do Goberno cando acudimos
para realizar as correspondentes alegacións ás multas que temos
recibido polo noso apoio as concentracións do 20 e 26 de Novembro e
o posterior desaloxo de Álvaro Corral e a súa familia do día 27 do
mesmo mes. As sancións que nos teñen imposto suman un total de 4250
euros e van dos 100 aos 630
euros. Ademáis, denunciáronnos
para dous xuízos
de faltas.
Chama
a nosa atención a desproporcionada presenza policial ante unha mera
presentación conxunta de alegacións e unha rolda de prensa. Dende
Stop Desafiuzamentos enmarcamos o acontecido hoxe como unha peza máis
dunha estratexia de constante persecución policial exercida contra
todas as persoas que defenden os dereitos sociais.
Outra
parte desa mesma estratexia para criminalizarnos e amedrentarnos é o
feito de que non
se tivera identificado debidamente aos sancionados durante os días
das protestas. Consideramos que isto é unha proba palpable da
existencia de listas cos datos das persoas que protestan nas rúas.
Queremos deixar constancia de que este feito nos deixa nunha
situación de indefensión.
Por
outra banda, cómpre subliñar que na
manifestación do 20 de Novembro foi debidamente comunicada á
Delegación de Goberno, incluíndo no percorrido a
pasarela cercana á
vivenda de Álvaro
Corral. Malia isto, a policía non nos deixou acceder á mesma e os
axentes amosaron a mesma actitude provocadora que observamos durante
todas as accións que se teñen levado a cabo en San Vicente de
Elviña e, en xeral, nas protestas levadas a cabo na cidade da
Coruña.
Do
mesmo xeito, consideramos
que as versións que se reflicten nos atestados policiais
son visións distorsionadas e manipuladas da realidade.
Recollen situacións que nunca sucederon, palabras que non tivemos
pronunciado e son un paso máis na criminalización das protestas
cidadás. Exemplo disto é a suspensión por defecto de forma do
xuízo
dos catro detidos no pasado desafiuzamento de Aríns (Compostela). Os
vídeos tomados ese día amosan a realidade tal e como é, e deixan
ver as mentiras verquidas nos atestados policiais daquel día en
Compostela. Coidamos que é unha práctica común: pasou en Aríns e
pasa en San Vicente de Elviña.
Lamentamos
tamén que a testemuña dos axentes de policía teña sempre unha
maior validez que a do cidadán especialmente, cando non hai máis
probas que estes atestados ou cando as probas existentes contradín
directamente á versión policial. Pensamos que a
futura “Lei Mordaza”, ademais de endurecer as sancións
económicas, virá a regularizar prácticas que son xa comúns na
actualidade como a existencia de listas; o maior peso da testemuña
policial fronte a outras; e as versión manipuladas que se amosan nos
atestados policiais.
Desde
Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos amosar a nosa solidariedade
con outras persoas ou colectivos que se manifestan coma nós e que
están a padecer a mesma represión.
Exemplos disto son as mobilizacións
en Coia (Vigo) e en Aríns (Compostela).
Entendemos
que este afán sancionador que nos afecta a todas é parte dunha
estratexia que pretende individualizarnos e criminalizarnos.
Consideran que, aillándonos
a uns dos outros, conseguirán acalar a acción
das protestas e dos colectivos sociais. Sen embargo, amosámonos
moi satisfeitos xa que a súa estratexia non está a ter éxito xa
que estamos a transformar o individual en colectivo. Mostra disto é
que vimos
de pechar a nosa campaña de socialización de multas cun gran éxito.
Case un mes antes do que esperabamos, logramos recadar 7471,33 euros,
cantidade superior a que tiñamos como meta (7000 euros) e case un
mes antes do prazo que nós mesmas nos fixaramos (18 de febreiro,
para conmemorar o intento de desafiuzamento de Aurelia).
NIN
CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario