Este sábado 21 de Febreiro, ás 17h no Forum Própolis (rúa Barcelona 115), voltámonos xuntar para, colectivamente, buscar solucións ós casos que se van achegando e xeitos de defender o dereito á vivenda.
Se tes algún problema de vivenda (dificultades coa hipoteca, alugueiro, ou situacións de precario), non dubides en acudir e aportar o teu grao de area. Só dende o traballo colectivo poderemos atopar solucións globais ós abusos que ameazan os nosos dereitos.
Acudide e difundide!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario