Dende
STOP Desafiuzamentos queremos recordar que
este movemento está a ser perseguido por parte das diversas
administracións públicas sendo multados constantemente por
manifestarse en prol do dereito de todas as persoas a ter un fogar.
Ademáis temos constatado que a
partires da primeira identificación os membros do colectivo son
multados sistematicamente,
comprobando que a primeira sanción nunca é a última.
O
caso de persecución, xa de por sí grave, é aínda máis sangrante
no caso de catro
persoas que acumulan 6310 euros en sancións (dun total de 14.872
euros).
Queremos suliñar que, levando a cabo as mesmas accións que o resto
dos manifestantes, eles centran a atención das autoridades e son
multados aínda que só participaran pacíficamente nunha protesta.
Cómpre lembrar que a estas sancións se unen as de outras protestas
xa que nosos compañeiros son tamén activistas noutras
organizacións. De todos os xeitos, a
presión sobre o noso grupo é tamén considerable, dado que
observamos que houbo un aumento na contía individual das multas,
e un cambio nas vías, antes administrativa e agora tamén penal.
Cabe
suliñar tamén que as irregularidades por parte das administracións
públicas son constantes. Exemplo disto é a
identificación
"visual"
que
nunca
é realizada in situ (o
que evidencia a existencia de "listas negras"),
así como a emisión das notificacións marcando por defecto o
rexeitamento de sinatura e copia do recibo por parte do multado. As
sancións chegan mesmo ó ridículo xa que algunhas delas foron
impostas a persoas de idade avanzada que participaron nas últimas
protestas de Elviña.
Todos
estes feitos indican que Stop Desafiuzamentos, xunto con outros
colectivos da cidade, está a sufrir unha persecución permanente,
inxusta e arbitraria por parte de aqueles que deberían respectar as
leis e coidar de todos e todas as cidadás. Na nosa opinión, a
excesiva
presenza policial nas manifestacións é un síntoma do temor das
institucións á organización social e o apoio mutuo que se veñen
demostrando como, por exemplo, nos casos de Aurelia,
Elisabeth
ou o
desaloxo
e derrubo do fogar de Isabel e Varo
en
Elviña. Queremos destacar que mesmo os corpos de seguridade son
os que provocan os disturbios coa súa actitude provocadora e
intimidatoria. Por todo isto, chegamos á conclusión de que o que se
está a buscar é a criminalización da acción política de certas
persoas ou colectivos e entendemos que as
institucións están mais preocupadas en manter unha
orde sumisa que
en satisfacer as necesidades
básicas ou respectar os dereitos
fundamentais dos cidadáns.
Por
outra banda, queremos agradecer as doazóns por parte de todas as
persoas que fixeron un esforzo e aportaron cartos para poder sufragar
as multas que a administración está empeñada en impornos. E
recordamos que todos aqueles sancionados en firme polo
intento de desafiuzamento de Aurelia Rey
poden
solicitar o ingreso da contía a través dos medios do colectivo.
NIN XENTE SEN CASA, NIN CASAS SEN XENTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario