Dende os colectivos Elviña non se vende, Stop Desafiuzamentos
Coruña, Plataforma Contra a Represión, Coruña Sen Teito e Salvemos
Bens queremos informar da convocatoria conxunta da manifestación
contra a represión o día 25 de Abril con saída ás
20:00h da Praza de Ourense. Anteriormente, convócase unha
bicicletada con saída ás 18:00h do Campus de Elviña dende o
Edificio Xoana Capdevielle. O obxectivo desta convocatoria é
amosar o noso rexeitamento á represión
institucionalizada que estamos a padecer os movementos sociais na
nosa loita cotiá.
Ao longo dos últimos meses, diferentes colectivos da cidade
experimentaron unha escalada represiva en forma de multas e sancións
administrativas que, lonxe de amedrentar ás redes
de solidariedade tecidas ao abeiro da carencia e
necesidade insatisfeita que fíxose mais visible e manifesta durante
os últimos anos, sirven como detonantes da solidariedade
colectiva e das redes de apoio mutuo que tanto na cidade da
Coruña como ao longo do Estado Español, conforman unha realidade en
crecemento imposible de deter.
A organización Stop Desafiuzamentos leva acumulado xa 17.000
euros en multas nos últimos anos por defender o dereito á
vivenda e tentar evitar
os desafiuzamentos na nosa cidade. Sancións
que se caracterizan pola súa arbitrariedade
(4 persoas acumulan preto da metade delas), a falta de identificación
dxs imputadxs (cada vez é máis evidente a existencia
de listas
negras ilegais) e pola orixinalidade dos
surrealistas partes policiais, máis semellantes a un guión
cinematográfico dunha peli ianky de
serie B, que ó suposto documento
oficial e rigoroso que se lles presupón.
Esta represión vese
incrementada nos últimos meses coas loitas dos veciños do barrio de
San
Vicente de Elviña, xa que a causa do
desafiuzamento
da familia Corral
por motivos especulativos, esta quedou
sen a casa onde naceron e creceron tres xeracións. A partir de aquí,
incrementouse o acoso e a
criminalización que se traduciu en máis de 7.000 euros de multas en
menos de dous meses por mobilizacións de resistencia deste barrio,
pois varixs
veciñxs
seguen en
risco de perder a súa vivenda.
Destacar tamén a
persecución que sofren xs nosxs compañeirxs anarquistas nas
recentes montaxes policiais chamadas “operación
Pandora” e “operación
Piñata”, nas que 26 persoas son acusadas
de pertenza a organización criminal sen ningunha proba,
e son imputadas como terroristas por,
no mellor dos casos,
simples delitos menores.
A todo isto súmanse xs presxs políticxs
comunistas, independentistas, anarquistas etc. que levan moitos anos
na cadea por loitar por un mundo máis xusto.
Entre eles hai varixs con gravísimas enfermidades (cancro, hepatite
C, sida...)
que seguen a cumprir condena
sen recibir os tratamentos e as operacións que precisan, supoñendo,
na práctica, unha pena
de morte encuberta.
Unha pena de morte que tamén se aplica ás persoas sen teito: no
estado español morre
unha persoa sen teito cada cinco días. Habendo arredor de 40.000
persoas na rúa, as medidas que se toman no referente a este
colectivo son sempre de tipo policial ou caritativo. O pau e a
cenoria. A loita por un aloxamento digno para a poboación sen teito
viviu nos últimos anos algunhas vitorias exiguas que non deixan
de ser meros
parches á falta dun programa que permita facilitar casa
permanente.
Toda esta represión verase incrementada a partir do 1 de xullo,
cando entre en vigor a
Lei
Mordaza,
o novo Código
Penal
e a nova lexislación
antiterrorista. O obxectivo que persegue é provocar o medo e
a desmobilización cidadá cunha estratexia
do medo, control
e atemorización
poboacional que dende as
forzas do Estado xa están a implementar
e institucionalizar como resposta á vaga de
solidariedade e empoderamento colectivo.
As sancións económicas provocan a invisibilización da verdadeira
natureza represiva do Estado, xa que non son faltas
administrativas, senón castigos á solidariedade e á acción
colectiva. O que está en xogo é a nosa capacidade de
autoorganización e de reivindicación da nosa dignidade. Non
podemos permitir que silencien as nosas voces, as nosas loitas, a
nosa solidariedade.
Por todo isto queremos
lembrar que o
sábado 25 de abril dende as 18:00h tomaremos as rúas da Coruña
coma demostración de que a solidariedade e a
conciencia colectiva é a única saída. Agora máis que nunca:
CONTRA
A REPRESIÓN, MOBILIZACIÓN!
A
LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!
SE
TOCAN A UNHA TÓCANNOS A TODAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario