O próximo martes 20 de outubro ás 19:30 no Centro Social A Comuna (Vereda do Polvorín, 35) realizaremos unha nova asemblea de asesoramento colectivo para persoas con problemas de vivenda.
Estas asembleas teñen como finalidade coñecérmonos e comezar a
construír rede para atopar solucións ós problemas de cadaquén ó mesmo
tempo que nos apoiamos entre todas e todos.
Dende Stop
Desafiuzamentos cremos que cada persoa ten que preguntarse non so qué
podemos facer nós por ela, senón qué pode facer cada persoa por
todas/os. Así que se tes problemas de vivenda ou os tiveches e cres que
podes aportar coñecementos á colectividade, pásate pola asemblea o
próximo martes 20 de outubro ás 19:30 polo Centro Social A Comuna no
barrio de Monte Alto.
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario