Hai xusto un ano sufrimos o duro desaloxo dunha familia, a de Isa e Varo, afectada polo Plan Ofimático. Para lembrar a desfeita e reclamar xustiza, a xente de Elviña Non Se Vende convoca unha manifestación para mañá ás 20.30h con saída da Igrexa de San Vicente de Elviña. Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos amosar a nosa solidariedade e apoio.
Copiámosvos o manifesto que puxeron na convocatoria de Facebook:
Todo segue igual...
O día 27 fará un ano que "atacaron" o
noso pobo desaloxando e derruíndo a casa de Varo e Isabel, a excusa foi
que a casa molestaba para facer unha ponte que conectaba co Ofimático, e sabedes que vai pasar con esa ponte? Pois que ó final non se fai, é
dicir, tiráronlle a casa e deixaron a unha familia na rúa para NADA, pero
o chiste do conto é que neste ano non cambiou nada, a Varo e ó resto da
xente sigueselles a esixir que paguen as cuotas do Ofimatico, as
cales nalgúns casos pasan dos 20.000 euros (cada unha). É dicir, que
despois dun ano Varo esta sen casa e con débedas de miles de euros por
un terreo que foi obrigado a aceptar e por riba ten que urbanizar.
Non só queremos a desafectación senon tamén que se lle faga unha restitución a Varo e Isabel, e dános igual as excusas que nos queiran poñer sexa a Marea ou maría santísima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario