Esta Iniciativa Lexistativa Popular, que foi asinada
por 1.402.854 persoas, reclamaba a dación en pago retroactiva, a
paralización dos desafiuzamentos que afecten a vivenda habitual e que as
afectadas puideran seguir na vivenda en réxime de aluguer social. Esta proposta
foi modificada polo goberno do PP ata facela irrecoñecible (sen recoller
plenamente ningunha das propostas da PAH, limitándoa en gran medida e introducindo
un gran número de inconvintes para dificultar o acceso das persoas a estas
medidas).
Pola nosa banda, continuamos a crer que as multas e os xuízos son outra forma
máis de represión por parte da Subdelegación do Goberno na Coruña que
teima acusar e sinalar as persoas que reclaman o cumprimento dos dereitos de
todas. No momento no que o noso compañeiro foi acusado e multado chegamos á
conclusión do que realmente se estaba penalizando foi a vitoria conseguida no
caso de Aurelia Rey (só catro meses antes destes feitos) Nesa época eran
xa 17 as persoas que acumulaban propostas de sanción introducidas baixo
subxectivos e ambiguos epígrafes como o de “instigar ás masas”, “alterar a
seguridade cidadá” ou “desobediencia”. Queremos ademais expresar o noso
acordo coa iniciativa Amnistia
Social Xa! Derogación das Leis Mordaza que pide que cesen as
represalias contra as persoas que demandan os seus dereitos básicos na rúa
(sanidade, educación, vivenda, liberdade de expresión, de concentración, de
folga, e manifestación e pola dignidade humana. Con isto todas nós estamos a
sufrir non só a falta de dereitos senón a rigurosidade das leis vixentes e a
desproporcionada actuación dos corpos de seguridade.
Agora as sancións impostas aos activistas do colectivo ascenden xa a 15195
euros e constatamos que, coa entrada en vigor da Lei Mordaza, a represión a
través de sancións se ten endurecido e é aínda máis arbitraria. Lembramos tamén
que xa que se teñen legalizado prácticas comúns da policía como as listas
negras con datos de activistas que non son identicados e son acusados de
organizar protestas convocadas a nivel estatal como sucedeu na pasada manifestación
contra a Lei Mordaza onde se desencadeou a violencia policial. Varios
dos nosos compañeiros foron xa sancionados por ser convocantes e líderes desta
protesta cando novamente estaba convocada con carácter estatal.
SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN
XENTE SEN CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario