Hai un par de semanas, Arquitectura Sen Fronteiras invitounos a un debate radiofónico para o seu podcast "Habitando", no que tamén participaron Estefanía Calo (socióloga, autora dunha tese sobre vivenda) e Javier Díaz e Olga Burque, da cooperativa "Outra forma de vivenda". Estes días publicouse o resultado, que nos gustou moito e quixemos compartir nas nosas redes.
A conversa foi do máis interesante. Habitar é máis que acceder a catro paredes, e as
catro paredes mesmas son un dereito que non debe depender da capacidade
de pago, nin de regras de mercado, nin de privilexios da banca. Habitar é
un proceso mudable, no que cambiamos de corpo, de saúde, de relacións,
de necesidades, e que non cabe en vivendas deseñadas sen nós, e ás veces
contra nós! O dereito a non ser desafiuzad@ é un paso previo, básico, ó
verdadeiro dereito á vivenda.
Na Galiza hai 300.000 vivendas baleiras
que deberían ser un recurso público, ou común, para dispor del
creativamente. Hai outros modelos de acceso á vivenda alén da propiedade
e o aluguer? Outros xeitos de participar a xente na organización do
dereito á vivenda? Temos capacidade para imaxinar e darlle contido a
xeitos de acceder á vivenda, e a xeitos de habitar, en tensión co
mercado e as administracións, esixindo o que é noso, pero sen delegar a
creatividade e as gañas de pensar en común? Cantas persoas, colectivos,
puntos de vista diferentes, fan falla para artellar e garantir dereitos
vivos, vivibles, interdependentes?
Podedes escoitar o podcast aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario