A unión fai a forza! Non somos culpables da crise financieira nin do
paro sen prestacións nin da precariedade e a explotación, así que non
temos culpa de nada si non damos pagado o aluguer ou a hipoteca.
Seguimos facendo camiño, apoiándonos, abrindo vías, compartindo
sensibilidades diferentes que nos axuden a saírmonos de espirais de
sofrimento que non merecemos.
En Stop Desafiuzamentos entendemos
que o problema dunha persoa non é individual e illado, senon que é
social e compartido con moita outra xente que tamén o sufre. Que nas
últimas décadas o dereito á vivenda foi comercializado e hipotecado, e
agora somos nós quen apanda coas consecuencias, aínda que quen se
beneficiou segue tranquilamente disfrutando dos beneficios da súa
estafa. E para poñer as cousas no seu sitio, unha soa persoa pouco pode
facer, pero as experiencias do colectivo, da PAH a nivel estatal, e de
tantos outros movementos previos e contemporáneos nos demostra que é
unindo forzas que se acadan solucións.
Por este motivo facemos as
asembleas de persoas afectadas: un espazo para compartir experiencias,
entender que non estamos soas, apoiarnos solidariamente e comezar a
aprender a autodefendérmonos dos abusos bancarios e xudiciais, e da
neglixencia das administracións.
O dereito a non ser desafiuzad@ é un paso previo, básico, ó verdadeiro dereito á vivenda.
Os gobernos elixiron rescatar ós bancos e non ás persoas. As persoas
estamos aprendendo a rescatarnos por medio do apoio mutuo, a
solidariedade e a desobediencia.
Só a loita fai xustiza. Somos
parte da sensibilidade e o esforzo de millóns de persoas, organizadas ou
non en colectivos como as PAHs, STOPs, e moitos outros que coidan das
persoas, a saúde, a educación, os montes, o mar, o medioambiente, os
barrios, a imaxinación, os dereitos das persoas migrantes e que fuxen da
guerra... Haberá vida mentres loitemos contra a morte, o corazón pide
outro xeito de relacionármonos, máis libre, máis solidario, máis
verdadeiro e saudable do que nos ofrecen os Donos de Todo e os
administradores e beneficiarios da crise do modelo, que xa non serve,
que hai que mudar por outros mellores, por motivos de SuperVivencia!
NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario