Páginas

sábado, 28 de septiembre de 2019



Desde o ano 2007 o suicidio é a primeira causa de morte non natural no estado español. No ano 2017 contabilizáronse 3679 falecementos por esta causa, o 34% relacionados con factores económicos, os mesmos que expulsan acote dos seus fogares, a perto de 160 familias ante o desleixo e inanición duns gobernantes máis (pre)ocupados na "integridade" dos intereses de mercado, que na saúde física, psicológica e relacional das persoas.
De cara a partillar convosco o impacto da exclusión residencial na saúde das persoas afectadas por despexos e daquelas ás que lles resulta tarefa imposible o acceso a unha vivenda e con obxecto de establecer futuras canles de colaboración que visibilicen o sufrimento que padecen, convidamosvos a asistir ao seguinte evento ao tempo que vos solicitamos que lle deades difusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario