Páginas

domingo, 3 de noviembre de 2019

Stop Desahucios denuncia las trabas burocráticas a los solicitantes de la Renta Social

Stop Desafiuzamentos Coruña fai público o seguinte Comunicado :

O 12/08/2016,  o Pleno do Concello de A Coruña, aprobada a implantacion da Renda Social, Prestación Económica cuxa aplicacion significou que moitas persoas, até entón carentes de ingresos, pudesen mellorar, temporalmente ( a duraccion máxima da mesma é de 18 meses, renovándose cada 6) a súa situación vital. As perceptoras desta Renda, teñen que acudir mensualmente, na maioría dos casos,a citas de seguimento cos Servizos Sociais aportando toda a documentacion e información que lles é requerida polo que entendemos que non existe nengún motivo para que a renovación semestral non se faga de xeito automático. 

 Por outra banda, son numerosos os casos nos que transcurrido o prazo máximo de 18 meses, a situación das persoas perceptoras non mellorou,  véndose na obriga de solicitar unha prórroga da mesma e, malia contar con toda a documentacion que acredita a necesidade, teñen que enfontarse a trámites burocráticos que,  na práctica, estánse a converter en tres meses durante os que fican de novo sen ingresos cos que poder afrontar gastos de suministros e alimentación. E,se  ben o Concello asume os gastos de aluguer, novamente a burocracia do "social"  volta a incidir na vulnerabilidade das persoas  colocándo ás mesmas en risco de desafiuzamento, toda vez q as obrigan a relatar a súa situación ao propietario da vivenda e informalo de q só poderan seguir a percibir o aluguer se aceptan asinar o documento de pago delegado esixido pola Admon., e q o ingreso efectivo do mesmo poderá durar un mínimo de dous meses. Algo q non sempre é aceptado polos arrendadores, reaccios a proporcionar os seus datos e a agardar polo pago de aluguer. Lembramos q a actual LAU permite o inicio do desafiuzamentos cunha só cuota de impago. 

Foron Numerosas as ocasións nas q por parte de Stop Desafiuzamentos se puxo en coñecemento da Concellería de Xustiza Social, esta situación,  igual q numerosas foron tb as desculpas e as promesas de mellora sen q até o momento nada teña mudado.Tamén queremos facer constar, tal e como lle comentamos hai case dous anos á Concelleira Silvia Cameán, a necesidade de substituir o formato papél dos bonos de alimentos por unha tarxeta moedeiro para rematar de vez co risco de estigma que supón poñerse na cola do supermercado, cun vale do Concello, diante de todo o vecindario.

Por todo esto ESIXIMOS

1.-A modificación Urxente da ordenanza da RSM para q os prazos de tramitación da solucitude de continuidade non demoren máis de 30 días.
2.- O inicio dos trámites de renovación antes de que se cumpra o prazo de seis meses. 
3.- A adopción de medidas axeitadas para paliar a situación de risco e vulnerabilidade na q quedan as persoas perceptoras cuxa vida non debería doepender da burocracia administrativa
4.-A substitucion dos vales de alimentos por unha tarxeta electrónica na que se ingrese o importe concedido. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario