Páginas

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Concentración contra o desaloxo de Isabel e Álvaro (afectadas polo Ofimático)

O Concello modifica o Plan en beneficio dos fortes, ADIF e as constructoras, pero tratándose de veciñ@s nin sequera cumpre coa súa obriga de respostar as alegacións que presentaron en Maio.

Todo un xeito de ser revélase de vez nestes dous feitos:


1. Urxe derrubar a casa e o taller de Isabel e Alvaro... para construir unha ponte que no proxecto non remata en ningures, senón que queda truncada no aire, a oito metros de altura.


2. O pasado venres 17 o Concello envioulles dúas traballadoras e un axente da Policía Local a Isabel e Alvaro, co encargo de dicirlles que o Concello vai derrubar a casa nos vindeiros días, sen agardar a resposta dos tribunais ó recurso que presentaron, e que se marchan polas boas se lles pode mirar algunha "solución".


Planificación neglixente, axuste mafioso.

O Ofimático é un plan absurdo e fracasado, burbulla-ficción da peor. San Vicente de Elviña é cidade verdadeira, con casas, veciñ@s e bens materiais e inmateriais que tamén son de tod@s.
 

O que agora precisamos como cidade é axudar a que isto non pase.
Sen solidariedade non hai cidade!
Contra os Catro Caciques Pintamonas!
Contra a especulación!
Contra os desaloxos en Elviña!
Vémonos este xoves ás 20 horas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario