O Concello modifica o Plan en beneficio dos fortes,
ADIF e as constructoras, pero tratándose de veciñ@s nin sequera cumpre
coa súa obriga de respostar as alegacións que presentaron en Maio.
Todo un xeito de ser revélase de vez nestes dous feitos:
1. Urxe derrubar a casa e o taller de Isabel e Alvaro... para
construir unha ponte que no proxecto non remata en ningures, senón que
queda truncada no aire, a oito metros de altura.
2. O pasado venres
17 o Concello envioulles dúas traballadoras e un axente da Policía Local
a Isabel e Alvaro, co encargo de dicirlles que o Concello vai derrubar a casa nos vindeiros días, sen agardar a resposta dos tribunais ó recurso que presentaron, e que se marchan polas boas se lles pode mirar algunha
"solución".
Planificación neglixente, axuste mafioso.
O
Ofimático é un plan absurdo e fracasado, burbulla-ficción da peor. San
Vicente de Elviña é cidade verdadeira, con casas, veciñ@s e bens
materiais e inmateriais que tamén son de tod@s.
O que agora precisamos como cidade é axudar a que isto non pase.
Sen solidariedade non hai cidade!
Contra os Catro Caciques Pintamonas!
Contra a especulación!
Contra os desaloxos en Elviña!
Vémonos este xoves ás 20 horas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario