Dende STOP Desafiuzamentos queremos trasladar a necesidade de apoio e solidariedade da
cidadanía da Coruña cas familias acosadas polo Concello co inminente derrubamento
das súas casas na zona de Elviña, brutalmente
castigadas
por térense negado a vender os seus fogares
para que empresas construtoras e cargos políticos de tódalas cores se
beneficien engrosando inda máis a vergoñenta lista de 20.000 vivendas baleiras
e apodrecendo que se acumulan xa na nosa cidade.
Como sabedes, diante
da ameaza de desafiuzamento instigada
polo alcalde Negreira e o concelleiro de urbanismo Martín
Fernández Prado a través do envío de dúas funcionarias escoltadas con policía a
casa de Álvaro e a súa nai Isabel de 72 anos o pasado venres, a veciñanza está a envorcar toda a súa enerxía en visibilizar a intensísima
presión que están a sufrir por parte da administración local, tentando con tódalas súas forzas denunciar as
numerosas irregularidades e manobras de dubidosa legalidade cas que o corrupto Concello
da Coruña pretende expulsalas violentamente das súas vivendas.
Nesta necesidade de manter alerta á cidadanía da Coruña e activar
o arroupamento social imprescindíbel
para gañar esta batalla ao alcalde Carlos Negreira, que pasará á historia
da cidade por dirixir unha corporación local salpicada por tres operacións
anticorrupción en menos dun ano (Pokemon,
Pikachu, Zeta), estas familias en
risco de que a súa vida sexa trastocada para sempre co roubo da súa vivenda e,
en casos como os de Álvaro, tamén ca destrución do seu posto de traballo,
convocan á sociedade a acudir á concentración CONTRA
A ESPECULACIÓN. CONTRA OS DESALOXOS NO OFIMÁTICO-ELVIÑA, a través da cal, portando
fachos e velas, visibilizaremos a luz e a calor ca que, xuntas e xuntos,
imos levar adiante unha contundente loita solidaria contra os caciques locais que están a tentar
desesperadamente deixar apañados os favores comprometidos cas súas "amizades
de negocios", aplastando para iso a vida das familias que levan toda a súa
vida en Eirís, sen que lles dea o máis mínimo reparo substiuír estas persoas
por unha grande lameira salpicada de bloques, cemento e coches.
Ese é o concepto de "progreso"
dos partidos que apoiaron esta fanfarronada urbanística, o dos
"beneficios" que se agochan tras as concesións e xestión de obras
megalómanas que serven aos corruptos para tecer as súas redes clientelares.
As veciñas/os solicitaron reunión con Negreira en setembro, pero
el debe ter moito que tapar, e prefire seguir agochado e non mirar á cara á
xente á que lle vai estragar a vida. As veciñas/os presentaron alegacións ao Plan en maio, pero o
Concello quere derrubarlles as casas antes de que se pronuncie o xulgado. O
Plan é modificábel, actualmente estase revisando en beneficio de Adif: a desafección das casas de San Vicente de
Elviña é totalmente fáctibel e
lóxica. Entón, que é o que está a
ocultar o Concello?
Convocatoria
Medios de Comunicación
|
||
Xoves
20
Novembro
|
20.15hrs.
|
No paso elevado da Av. Alfonso Molina, á altura da igrexa de
Elviña
|
Máis
información:
-Declaracións
de Pilar e Loli, veciñas afectadas (18 de novembro): https://www.youtube.com/watch? v=CDH_vSoGWHo
-Argumentos técnicos sobre a imposibilidade
de construír unha ponte no lugar da casa que o Concello quere derribar (15 de
novembro): https://www.youtube.com/watch? v=vGlrj2k7pjY
-Declaracións
de Pilar, veciña afectada (6 de novembro): https://www.facebook.com/ video.php?v=825472890837372& set=vb.216065495111451&type=2& theater
No hay comentarios:
Publicar un comentario