viernes, 21 de noviembre de 2014

Primeiros resultados da campaña de doazóns contra as multas

Xa levamos recadados máis de 3.000 € nunha semana!



A pesares dos problemas iniciais para facer as transferencias (hai que ter en conta que as contas de Fiare son unha ferramenta moi recente da que ata agora non dispoñían), a vosa solidariedade desborda tódalas nosas expectativas.

Aínda que cun pouco de retraso (tedes que ter en conta que estamos a vivir momentos abraiantes polo do Ofimático) aí van os primeiros extractos da conta que se abríu para recoller as vosas aportacións para costear as multas derivadas das actuacions no intento de desafiuzamento de Aurelia Rey. Temos previsto publicar cada venres os extractos que vaiamos recibindo do banco, para tervos informados. O noso obxectivo é facilitar ó máximo a transparencia desta campaña.

O obxectivo económico que nos marcamos é 7.000 €, momento en que a conta deixará de aceptar doazóns. Esta cantidade sería suficiente para cubrir as multas fixadas polos feitos daquel día e as costas dos xuízos cos que a xente sancionada está defendendo a súa inocencia e os seus dereitos.
 
Se tedes calquera problema á hora de facer a transferencia, contactade con nós á nosa dirección de mail indicando dende que entidade bancaria estades tentando facer o movemento. Para evitar posibles problemas, lembrade poñer o nome do titular da conta: "Roberto Rivas España".

Sodes xente grande e solidaria! Co voso apoio e respaldo sentímonos fortes, alegres e combativas. Non pararemos ata que os desafiuzamentos deixen de ser unha realidade  na nosa cidade!

Moita forza, e moitísimas grazas pola vosa contribución. Vémonos na rúa!


 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario