Xa levamos recadados máis de 3.000 € nunha semana!
A pesares dos problemas iniciais para facer as transferencias (hai que ter en conta que as contas de Fiare son unha ferramenta moi recente da que ata agora non dispoñían), a vosa solidariedade desborda tódalas nosas expectativas.
Aínda
que cun pouco de retraso (tedes que ter en conta que estamos a vivir momentos
abraiantes polo do Ofimático) aí van os primeiros extractos da conta que
se abríu para recoller as vosas aportacións para costear as multas derivadas das
actuacions no intento de desafiuzamento de Aurelia Rey. Temos previsto publicar
cada venres os extractos que vaiamos recibindo do banco, para tervos
informados. O noso obxectivo é facilitar ó máximo a transparencia desta campaña.
O obxectivo económico que nos marcamos é 7.000 €, momento en que a conta deixará de aceptar doazóns. Esta cantidade sería suficiente para cubrir as multas fixadas polos feitos daquel día e as costas dos xuízos cos que a xente sancionada está defendendo a súa inocencia e os seus dereitos.
Se tedes calquera problema á hora de facer a transferencia, contactade con nós á nosa dirección de mail indicando dende que entidade bancaria estades tentando facer o movemento. Para evitar posibles problemas, lembrade poñer o nome do titular da conta: "Roberto Rivas España".
Sodes xente
grande e solidaria! Co voso apoio e respaldo sentímonos fortes, alegres e
combativas. Non pararemos ata que os
desafiuzamentos deixen de ser unha realidade
na nosa cidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario