viernes, 25 de septiembre de 2015

Manifestación "Non son suicidios, son asasinatos"

Dende Stop Desafiuzamentos Coruña queremos informar da convocatoria da manifestación  “Non son suicidios, son asasinatos” o venres 25 de setembro ás 20:00 h con saída do Obelisco e chegada á Delegación do Goberno para amosar a nosa solidaridade coas compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos Compostela e coa familia de Carlos Midón, que tras transcorrer un ano do desafiuzamento da súa vivenda familiar en Aríns (Santiago de Compostela), quitábase a vida o día 21.

A atrocidade do sistema imperante mostra coma súa forma de pervivencia baséase na presión constante sobre os desposuídos. Na falta de recursos e posibilidades reais de supervivencia. Así coma na agresión continúa en forma de desafiuzamentos, de carencia vivencial severa e da presión social que no caso de Carlos Midón tivo o tráxico desenlace do seu suicidio ante a imposibilidade de poder realizar seu proxecto de vida familiar. Sen axuda das institucións alén das trabas burocráticas. A imposibilidade de ver satisfeita súa carencia habitacional e perplexo ante a connivencia da lei e os intereses fraudulentos dunha estafa da que a víctima, no seu desenlace, pasa a ser verdugo de sí mesmo. Son os nocivos ingredientes do cóctel mortuorio que ao longo dos últimos anos converteuse en “norma” nas nosas vidas.

Ante tal infamia, as plataformas galegas a prol dun dereito á vivenda real e non figurado convocan diversas concentracións ao longo do territorio galego baixo o lema “Non son Suicidios, son asasinatos” en A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense (neste último caso, o sábado 26). Porque só no apoio mutuo, na rede de resistencia e conquista dos dereitos nunca garantidos resistiremos e venceremos. Este venres tomamos as rúas para deixar ben claro que NON SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS!!!

Manifestación NON SON SUICIDIOS SON ASASINATOS
Venres 25 de Setembro, con saída do Obelisco, 20:00hrs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario