Dende Stop Desafiuzamentos Coruña queremos informar da convocatoria
da manifestación “Non son suicidios, son asasinatos” o venres 25 de
setembro ás 20:00 h con saída do Obelisco e chegada á Delegación do
Goberno para amosar a nosa solidaridade coas compañeiras e compañeiros
de Stop Desafiuzamentos Compostela e coa familia de Carlos Midón, que
tras transcorrer un ano do desafiuzamento da súa vivenda familiar en
Aríns (Santiago de Compostela), quitábase a vida o día 21.
A atrocidade
do sistema imperante mostra coma súa forma de pervivencia baséase na
presión constante sobre os desposuídos. Na falta de recursos e
posibilidades reais de supervivencia. Así coma na agresión continúa en
forma de desafiuzamentos, de carencia vivencial severa e da presión
social que no caso de Carlos Midón tivo o tráxico desenlace do seu
suicidio ante a imposibilidade de poder realizar seu proxecto de vida
familiar. Sen axuda das institucións alén das trabas burocráticas. A
imposibilidade de ver satisfeita súa carencia habitacional e perplexo
ante a connivencia da lei e os intereses fraudulentos dunha estafa da
que a víctima, no seu desenlace, pasa a ser verdugo de sí mesmo. Son os
nocivos ingredientes do cóctel mortuorio que ao longo dos últimos anos
converteuse en “norma” nas nosas vidas.
Ante tal infamia, as plataformas
galegas a prol dun dereito á vivenda real e non figurado convocan
diversas concentracións ao longo do territorio galego baixo o lema “Non
son Suicidios, son asasinatos” en A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense
(neste último caso, o sábado 26). Porque só no apoio mutuo, na rede de
resistencia e conquista dos dereitos nunca garantidos resistiremos e
venceremos. Este venres tomamos as rúas para deixar ben claro que NON
SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS!!!
Manifestación NON SON SUICIDIOS SON ASASINATOS
Venres 25 de Setembro, con saída do Obelisco, 20:00hrs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario