Páginas

jueves, 24 de septiembre de 2015

NON SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS

O pasado luns 21 de setembro quitouse a vida Carlos Midón un ano despois do desafiuzamento que el e a súa familia sufriron en Aríns coa complicidade da xustiza e cun despliegue policial cruel e inhumano.

Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos convocar a toda a veciñanza da Coruña a unha manifestación o próximo venres 25 ás 20h con saída do Obelisco para amosar a súa solidariedade coa familia de Carlos e cxs compañeirxs de Stop Desafiuzamentos Compostela. Pero tamén queremos amosar nas rúas a nosa carraxe ante feitos coma este que deixan constancia da voracidade deste sistema e de tódolos seus cómplices.


Como ben explican xs compañeirxs de Stop Desafiuzamentos Compostela, trátase dun "crime do capitalismo". "A súa guerra económica contra as persoas de abaixo (non é unha crise) e as nefastas condicións psicolóxicas e vida ás que estamos sometidas a maioría social siga a levarse vidas por diante", sinalan. "Mentres o desemprego, a miseria, os desafiuzamentos...existan, haberá mortes. Os reponsables teñen nome propio".

Non podemos deixar pasar este crime sen que se nos escoite, porque estes feitos NON SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS!

Acude e difunde!


No hay comentarios:

Publicar un comentario