Nova asemblea de afectadas! Dende hai uns meses estamos probando a aumentar a periodicidade deste tipo de xuntanzas, para procurar potenciar a relación entre as persoas afectadas que van acudindo. É por iso que convocamos unha nova asemblea de afectadas apenas dúas semanas despois da anterior.
A idea sobre a que sempre nos movemos é a de que o colectivo traballe dende a experiencia de quen ve a súa casa ameazada, de quen vive en primeira persoa a necesidade do dereito á vivenda.
Conxuntamente traballaremos para buscar solucións ós casos que se vaian presentando e, ó mesmo tempo, asentar as bases para que o dereito á vivenda sexa un eixo sobre o que construír a nosa sociedade e que ninguén máis teña que sufrir o medo a quedar na rúa.
Esta nova asemblea celebraráse o sábado 7 de Marzo ás 17h no Forum Própolis (rúa Barcelona 115). Nesta ocasión adicaremos unha parte da xuntanza a analizar os contratos hipotecarios na procura de cláusulas abusivas e para entender mellor como funcionan as estafas bancarias. Tamén nos gustaría reflexionar colectivamente sobre a situación dos alugueiros, que é o principal foco de desafiuzamentos a día de hoxe.
Acudide e difundide!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario