Nova reunión de traballo colectivo con persoas afectadas e solidarias para analizar e buscar solucións sociais ás problemáticas da vivenda derivadas da estafa bancaria, a crise do sistema e o proceso de empobrecemento teledirixido polo Goberno e a Troika.
A dinámica destas asembleas é poñer en común os casos particulares da xente que se vai achegando para traballar conxuntamente na comprensión global dos procedementos de desafiuzamentos e na procura de solucións colectivas, que non só sirvan para nós individualmente senón que tamén reforcen o dereito á vivenda.
Animámosvos a acudir, sexades xente afectada ou solidaria co problema dos desafiuzamentos, para coñecer outras persoas en situacións semellantes á vosa, aprender dos moitos coñecementos que alí se intercambian, e plantexar accións de denuncia coas que reivindicar os nosos dereitos.
Xa sabedes: este sábado 28 ás 17h no Forum Própolis (rúa Barcelona 115).
Nin casa sen xente, nin xente sen casa!
Só a loita fai xustiza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario