Dende
Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos facer visible o
caso dunha compañeira nosa que creemos que amosa unha realidade na
que moitas persoas están a vivir.
A nosa compañeira atópase agora mesmo en situación de risco de
desafiuzamento xa que, por un exceso de celo burocrático, lle foi
retirada a RISGA. A Xunta de Galicia entendeu que esta persoa non
respondera a unha oferta de traballo. Porén, este requerimento nunca
chegou ó seu coñecemento xa que tivo que cambiar o seu domicilio
debido a unha serie de problemas alleos a ela, quen mudou a súa
dirección en todas as instancias agás na Oficina de Emprego, lugar
ao que acode con asiduidade para buscar ofertas laborais e de cursos
de formación.
Neste
momento, hai un recurso plantexado que precisa dunha solución
urxente xa que a nosa compañeira non dispón doutros ingresos e ten
un fillo menor de idade ao seu cargo. Por esta razón, queremos
requerir a Xunta de Galicia para que dea una resposta rápida a esta
situación. De todos xeitos, estamos ante un
problema que afecta a moitos perceptores da RISGA aos que o Goberno
Autonómico pon nunha situación de extrema fraxilidade por un exceso
burocrático e aos que o mesmo ten
que dar unha resposta máis rápida e mellor.
Este
non é o primeiro caso de complicacións relacionadas coa Risga que
presenciamos e que outros
colectivos galegos veñen tamén denunciando. Deste modo, dende
Stop Desafiuzamentos pensamos
que a Xunta trata de reducir de ao máximo o numero de persoas que
perciben a RISGA sen nin sequera tentar dar unha solución ao
problema real. Simplemente buscan dificultar ó acceso a esta axuda,
que é xa de por sí, moi insuficiente para satisfacer as necesidades
dunha persoa.
Estas
ansias por ocultar un problema que non queren solucionar fan que o
Goberno Autonómico recorra a certas "estratexias" para
maquillar os resultados e as estatísticas. Por este motivo,
solicitar a RISGA é unha carreira
de trámites e de documentos e tamén por iso se amorean os
expedientes tanto que mesmo se pode tardar
un ano en cobrar desde que se solicita.
Porén
aínda mesmo cando unha persoa percibe a RISGA continúa estando
nunha situación fráxil porque a retirada da mesma é moi doada:
basta con non ter actualizada a dirección e non ter recibido un
aviso dunha oferta de emprego precaria.
Queremos
tamén aproveitar a ocasión para denunciar que as ofertas de
traballo que se envían as persoas que perciben a RISGA non son mais
que unha solución estética xa que se trata de empregos, normalmente
de 7 meses de duración e ao 75% da xornada laboral cun salario de
arredor de 600 euros. Despois destes 7 meses, o único sustento sería
un subsidio de algo mais de 200 euros e cando este se acabe,
solicitar novamente a Risga. Este proceso serve para maquillar as
cifras pero non para solucionar un problema, o da pobreza, que afecta
a unha cuarta parte da poboación galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario