Dende
STOP Desafiuzamentos A Coruña, ante os feitos acontecidos onte na concentración
contra a Lei Mordaza queremos manifestar o seguinte:
Apoiando
a convocatoria estatal de No Somos Delito, ás 20h concentrámonos unhas 400 persoas de forma pacífica no Obelisco para
protestar contra a Lei Mordaza, que dende hoxe é firme. A concentración
moveuse uns metros para protestar diante da sede da Fundación Abanca dada a
presencia alí do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, responsable e
representante de boa parte das políticas que atentan contra os nosos dereitos.
Nese momento un forte despliegue
policial cunha actitude chulesca e violenta, montou un cordón e comezou a
ameazar aos compañeiros e compañeiras de que se nos multaría.
Ante
a interpelación dun compañeiro pedindo explicacións por estas medidas, o xefe
do operativo dixo que non precisaba de identificarnos, que “yo os conozco a todos y no necesito identificaros”, recoñecendo
así as listas de activistas que dende o noso colectivo temos denunciado. A
tensión policial contrastaba co ambiente tranquilo e reivindicativo da
protesta.
Tras
estar alí un tempo, a manifestación dirixiuse pola rúa Real cara a
Subdelegación do Goberno. Ó chegar alí, e antes
de poder ler o manifesto, apareceron de novo os antidisturbios e sen mediar
palabra comezaron a empurrar á xente, inmobilizaron e retiveron a unha persoa
pola forza, retorcéndolle os brazos, baixo a excusa de que “estaba cortando
o tráfico”. Cando a xente, alarmada, acudiu a pedir explicacións, non tiveron reparos en aporrear sen ningún
tipo de control e ensañándose con algunhas persoas ás que ameazaron
previamente con frases do tipo “a ti y a
ti os tenemos ganas y vamos a ir a por vosotros”. Unha destas compañeiras
foi brutalmente agredida tirándoa
deliberadamente ó chan e sendo golpeada con crueldade repetidas veces. Como
proba disto, adxuntamos dúas fotografías nas que podemos ver as consecuencias
deste ensañamento.
Nos
últimos anos en manifestacións como esta nunca houbo incidentes violentos:
unicamente os provocados polos antidisturbios demostrando a súa intención de
amedrentar ós colectivos que reivindicamos os nosos dereitos. A nova Lei Mordaza non fai máis que
legalizar e sistematizar estas prácticas de abuso de poder. Por todo isto esiximos a dimisión do xefe de operativo
responsable destes actos, a do
Subdelegado do Goberno e do Delegado do Goberno como responsables políticos
directos, e a disolución das unidades
antidisturbios como corpo pensado para reprimir a sociedade civil.
Non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós.
Non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós.
Vídeo realizado por Galiza Contrainfo
No hay comentarios:
Publicar un comentario